Translate

sábado, 5 de abril de 2014

UNHA RUTA LÚDICO - CULTURAL



Nas vindeiras semanas, un día no que o tempo nos acompañe, os alumnos/as de 3º ciclo levarán a cabo unha ruta a pé polo seu concello para coñecer lugares de interese cultural próximos ao centro educativo. A ruta comezará no colexio, saíndo por u lateral do mesmo en dirección á Casa da Cultura. Desde alí accederemos a unhas pistas que van bordeando o Castelo de Vimianzo ata chegar a el e visitalo, coñecendo a súa historia e evolución. Rematada a visita enfilaremos o camiño dirección Fisterra e antes de saír de Vimianzo a man esquerda, visitaremos o Castro das Barreiras, coñecendo tamén a historia do mesmo comentada por expertos no tema. Xa de volta, visitaremos o muíño de A Agra, restaurado recentemente, pasaremos polo Concello e e chagaremos de novo ao centro educativo.

Aquí vos deixo un enlace da ruta que imos a facer para que vaiades facéndoos unha idea
 
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6213420


 Estades preparados para facela?

EFTIC-PLATEGA-2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario